Icono del sitio CanalBarbanza.com

A POLICÍA LOCAL DA POBRA E A GARDA CIVIL LOCALIZAN A UNHA PERSOA CUNHA REQUISITORIA XUDICIAL

A Policía Local da Pobra do Caramiñal, en colaboración coa Garda Civil, localizou esta mañá a unha persoa que tiña unha requisitoria xudicial de busca e presentación emitida polo Xulgado de Instrución número 2 de Ribeira. Os feitos desenvolvéronse preto das 10.40 horas desta mañá, cando dous axentes acudiron a un edificio da rúa Novoa despois de recibir varios avisos veciñais. Os residentes alertaban de que había unha persoa que, supostamente, estaba durmindo nas escaleiras do inmoble.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil