O Coliseo Noela acolleu o sábado a gala coa que o público despediu unha nova edición da Mostra de Curtas Vila de Noia, a número 27. Foi un acto moi animado que estivo presentado por Marta Doviro, Ledicia Sola e Carmen Méndez. A peza “Box 3”, de Sara Sálamo, levouse o premio estrela a Mellor Curta. A actriz, guionista e directora non puido acudir á cita, pero o produtor da curta, Jontxu Álvarez, falou no seu nome.
A GALA DE ENTREGA DE PREMIOS PUXO O PUNTO E FINAL A UNHA NOVA EDICIÓN DA MOSTRA DE CURTAS DE NOIA


