RIVEIRA, escenario dunha iniciativa piloto da UNIVERSIDADE DE SANTIAGO para impartir formación a maiores de 50 anos

O municipio de Riveira vai ser escenario este mes dunha iniciativa piloto da Universidade de Santiago de Compostela que nace coa intención de perseguir “a democratización do coñecemento”: un programa formativo dirixido ao colectivo de persoas maiores de 50 anos titulado “Camiños de Coñecemento e Experiencia”.
Para explicar o contido destas xornadas compareceron hoxe no consistorio local a directora e a secretaria do IV Ciclo Universitario (Programa Universitario de Maiores), Esther Olveira e Belén Seijas, respectivamente, xunto coa conselleira de Cultura e Educación, Herminia Pouso.

https://www.youtube.com/watch?v=hoZhjJJVkGI

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.