A primeira folga xeral convocada en 14 anos deixou unha nova manifestación que cruzou Ribeira e na que a CIG, organizadora, estima que contou con preto de 700 persoas chegadas de diferentes puntos da comarca. A mañá iniciouse con algúns piquetes na contorna do polígono de Xarás e paros nalgunha firma do polígono da Tomada, pero non se rexistraron incidencias. A marcha estaba convocada para as 12.00 horas diante do mercado municipal de Ribeira, pero houbo actividade ao longo da mañá. As portas do Gadis do centro do municipio enchéronse de persoas que protestaban e secundaban esta folga xeral. Segundo a CIG, tivo unha boa acollida na comarca.
A CIG ESTIMA QUE PRETO DE 700 PERSOAS PARTICIPARON NA MANIFESTACIÓN QUE PERCORREU AS RÚAS DE RIBEIRA NESTA FOLGA XERAL


