A Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Noia, en apoio de efectivos doutras unidades, investigaron a sete persoas como presuntas autoras dun delito contra a propiedade intelectual. A actuación desenvolveuse o pasado xoves, día 5, no marco dun dispositivo especial contra a venda de artigos presuntamente falsificados no mercadillo da vila noiesa.
A GARDA CIVIL INVESTIGA A SETE FEIRANTES LOGO DE REALIZAR UNHA REDADA CONTRA A VENDA DE ARTIGOS FALSIFICADOS NO MERCADILLO DE NOIA


