Icono del sitio CanalBarbanza.com

AS DEGUSTACIÓNS E A DIVULGACIÓN GASTRONÓMICA PUXERON O BROCHE DE OURO ÁS XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA

O Concello da Pobra viviu a décima edición das Xornadas Micolóxicas, unha iniciativa xa asentada no calendario local e que atrae a numerosos amantes dos cogomelos, os fungos e o seu estudo. Desenvolvéronse diferentes actividades recollidas na programación, dende formación, divulgación e accións no medio natural. A protagonista final foi a gastronomía. O chef Kike Piñeiro, da Horta do Obradoiro, preparou diferentes elaboracións baseándose nos fungos e os cogomelos.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil