O polideportivo municipal lousamián Pilar Barreiro Senra abriu as súas portas esta fin de semana para acoller o Magosto Meigo, solidario coa Cruz Vermella de Noia. Centos de veciños e veciñas de Lousame acudiron a esta celebración con carácter solidario para desfrutar dunha xornada diferente e achegar o seu gran de area.
O MAGOSTO SOLIDARIO DE LOUSAME FOI UN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN


