O Boiro Voleibol viviu unha dura semana de competición na Superliga 2. O pasado mércores xogaron ante o Barça na Cidade Condal o partido aprazado da primeira xornada, e o domingo visitaron Madrid para medirse ao Pinto. A esixencia era moi elevada e o partido entre semana pasoulle factura ao cadro adestrado por Adrián Alves, que caeu por 3-1 ante o Grupo Egido Pinto.
O ROTOGAL NON PUIDO CO PINTO E PUXO FIN A UNHA INTENSA SEMANA CON DÚAS VITORIAS E UNHA DERROTA


