Hoxe iniciouse a semana, o que é sinónimo de Consello da Xunta. O Goberno galego reuniuse para abordar diferentes cuestións, unha das máis destacadas ten que ver coa vivenda. O titular do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, informou que se destinarán máis de 150 millóns de euros no 2027 a mellorar o acceso á vivenda e a rehabilitación.
A XUNTA DESTINARÁ MÁIS DE 150 MILLÓNS DE EUROS A AXUDAS PARA ACCESO Á VIVENDA E REHABILITACIÓN


