A biblioteca municipal da Pobra do Caramiñal acolleu a tarde do venres o acto mensual de Barbantia do mes de outubro, posposto polo loito oficial decretado tras o accidente ferroviario de Urda. O escritor Manuel Gago presentou o seu libro “Ata que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega”, acto no que se afondou nesta obra que vai máis alá dunha guía de viaxes.
MANUEL GAGO PRESENTOU NA POBRA O SEU ÚLTIMO LIBRO


