Diminuído polas baixas, pero con gañas, paixón e traballo. Así afrontou o Noia Portus Apostoli o duelo do sábado ante o Palma Futsal. Os brancos recibiron ao indiscutible líder da Liga Prime Futsal con máis xogadores do primeiro equipo ausentes que dispoñibles, pero o tesón e o sacrificios noieses fixeron crer á afección. A pesar de que nos minutos finais os baleares decantaron o partido ao seu favor por un avultado 2-6.
DERROTA DO PORTUS APOSTOLI ANTE O PALMA FUTSAL


