Fin de semana de +3 para o Boiro na décima xornada da Terceira RFEF. O conxunto adestrado por José Tizón está a liderar o grupo despois de bater a un rival duro. O Arenteiro deu guerra en Barraña, pero os boirenses firmaron unha segunda metade case perfecta que lles valeu para deixar o triunfo e os tres puntos na casa.

