A Xunta presentou o seu proxecto de orzamentos para o vindeiro 2027, un documento que ascende a 15.158 millóns de euros. O BNG de Muros-Noia anunciou onte a presentación de emendas para os investimentos realizados na comarca e esta mañá os nacionalistas de Ribeira puxeron o foco na falta de investimentos nos portos do municipio. Feito denunciado pola deputada do BNG no Parlamento galego, Rosana Pérez.
O BNG RECLAMA NO PARLAMENTO UN PLAN DE INVESTIMENTOS PARA OS PORTOS DE RIBEIRA


