A Consellería de Emprego aprobou unha nova edición do Programa Integrado de Emprego no Concello de Ribeira para seguir mellorando a empregabilidade e inserción laboral das persoas demandantes de emprego. É o cuarto ano seguido que o municipio acolle un PIE, está dirixido a 100 persoas desempregadas que estean inscritas como demandantes de emprego e sexan residentes de Ribeira, Pobra, Boiro, Rianxo e O Porto do Son.
RIBEIRA DESENVOLVERÁ UN NOVO PLAN INTEGRADO DE EMPREGO


