O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, situado en Santiago de Compostela, acolleu na tarde noite de onte a Gala Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade. Foi a décimo segunda edición deste acto e contou coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda. O titular do Goberno galego reafirmou na súa intervención a aposta do seu executivo polas enerxías sostibles.
RUEDA PUXO EN VALOR A APOSTA DO GOBERNO GALEGO POLAS ENERXÍAS SOSTIBLES COA POSTA EN MARCHA DA LEI DE RECURSOS NATURAIS DE GALICIA


