Icono del sitio CanalBarbanza.com

O GOBERNO TRASPASA COMPETENCIAS DE TRABALLO E AERÓDROMOS

O pazo de Raxoi albergou esta mañá o acto de traspaso das competencias en materia de autorizacións iniciais de traballo ás persoas estranxeiras e aeródromos non considerados de interese xeral polo Estado. Este acordo alcanzouse pola Comisión Mixta de Transferencias Administración do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, reunida en Santiago e presidida polo ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres, e na que tamén participou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Estes acordos súmanse á transferencia da xestión do litoral, aprobada o ano pasado, e foron destacados polo titular do Goberno galego.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil