Icono del sitio CanalBarbanza.com

O CIFP COROSO É TAMÉN UN POLO DE INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN

A ensinanza e a formación son o centro de acción do CIFP Coroso, e outra disciplina que converxe coas dúas é a investigación. Realizar probas no laboratorio para aplicar os resultados a un proxecto real é algo habitual no centro. O departamento de Industrias Alimentarias somerxeuse en dúas iniciativas. Unha delas, na que estiveron centrados recentemente, foi a elaboración de paté de percebe.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil