Icono del sitio CanalBarbanza.com

A CONSELLEIRA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA ABORDOU COS EMPRESARIOS DE RIBEIRA OS AVANCES DO NOVO POLÍGONO

Unha das iniciativas que máis tempo se leva agardando en Ribeira é o novo polígono industrial. Hai uns anos a Asociación de Empresarios local impulsou un proxecto para dotar ao municipio deste espazo e logo de conseguir o apoio do Concello, da Deputación da Coruña e da Xunta, déuselle un impulso. Esta mañá a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou a sede da entidade onde se reuniu coa alcaldesa, María Sampedro, e representantes dos empresarios ribeirenses.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil