Novembro arrancou cunha sesión plenaria extraordinaria en Boiro con motivo do sorteo das mesas electorais de cara as eleccións xerais do 29 de novembro e no que se trataron tamén outros asuntos. O primeiro en debaterse foi a aprobación inicial do regulamento municipal de mercados do Concello de Boiro. Documento preciso para que a praza de abastos boirense poda adherirse ao selo Mercado Excelente que outorga a Consellería de Emprego e Comercio.
O PLENO DE BOIRO APROBOU DE FORMA INICIAL O REGULAMENTO MUNICIPAL DE MERCADOS DO CONCELLO


