Esta mañá a directora de Relacións Institucionais de Jealsa, Margarita Hermo, visitou as instalacións do Centro de Antención Integral de Amicos para renovar o convenio de colaboración entre as dúas entidades. Grazas a esta firma, fortalécese un vínculo que naceu hai anos cun obxectivo claro: apoiar a integración das persoas con discapacidade na sociedade e en todos os niveis.
JEALSA E AMICOS REFORZAN A SÚA UNIÓN COA RENOVACIÓN DA SÚA COLABORACIÓN


