A Cidade da Cultura, concretamente o auditorio do edificio CINC, acolleu esta mañá o congreso “Hilos del Futuro”, organizado polo Clúster Téxtil Moda de Galicia (Cointega). O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, asistiron á súa apertura. O titular do Goberno galego interveu na inauguración do mesmo, resaltando a importancia deste sector na comunidade.
O PRESIDENTE DA XUNTA INAUGUROU O CONGRESO “HILOS DEL FUTURO” ONDE PUXO EN VALOR A IMPORTANCIA DO SECTOR TÉXTIL EN GALICIA


