Icono del sitio CanalBarbanza.com

PABLO BOCELO E SARA CASTILLO LEVÁRONSE O TRIUNFO NA CARREIRA POPULAR CONCELLO DE RIANXO

O atletismo tomou as rúas de Rianxo o sábado pola tarde na celebración da duodécima edición da Carreira Popular Concello de Rianxo, proba enmarcada no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e no XII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. Esta edición contou con 321 corredores que se deron cita na categoría absoluta, na que se percorreron 10 kilómetros, e as categorías base foron tamén un éxito con 145 corredores. Os dous participantes máis destacados da proba grande foron Pablo Bocelo e Sara Castillo, vencedores nos apartados masculino e feminino respectivamente.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil