Os responsables da EDAR de Ribeira efectuarán actuacións “a medida” para acabar de solucionar o problema dos malos olores

A Casa consistorial de Ribeira colleu unha reunión entre os veciños afectados polos episodios de malos olores da EDAR de Ribeira, o alcalde, e representantes de Aquaes e Augas de Galicia.

Durante esta reunión deuse conta das medidas e actuacións efectuadas dende a última reunión (celebrada no mes de febreiro) e constatouse as melloras rexistradas nestes tres meses.

Así mesmo, informouse de que foi elaborado un estudo moi exhaustivo acerca de todo o relacionado con este problema que será o que vai servir agora de base para concretar as actuacións concretas e “a medida” que se van tomar para acabar de atallar definitivamente o problema dos cheiros.

Os participantes quedaron emprazados para unha próxima reunión no mes de setembro na que se porá sobre a mesa esas actuacións concretas.

https://www.youtube.com/watch?v=6mlRmln-VSc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.