A actividade non cesa no Museo do Gravado de Artes que non só é un espazo onde reside a arte e a cultura, se non onde tamén se crea. O Mugart conta co seu taller, onde se imparten diferentes obradoiros ao longo do ano, espazo que vén de ser ampliado para mellorar a ensinanza e a aprendizaxe.
O MUSEO DO GRAVADO DE ARTES VÉN DE AMPLIAR O SEU TALLER E DE ENGADIR UN TÓRCULO DE GRAN TAMAÑO


