Icono del sitio CanalBarbanza.com

O BNG AFONDOU NA PROBLEMÁTICA DA VIVENDA EN BOIRO

O Bloque Nacionalista Galego da comarca da Barbanza impulsou na tarde de onte un acto centrado na vivenda, na crise actual e as propostas que defende o partido no marco das eleccións xerais do 29 de novembro. O Centro Social de Boiro foi o punto de encontro e decenas de persoas asistiron a coñecer as medidas do partido. A voceira do BNG boirense, Raquel Suárez, foi a primeira en intervir recordando que a vivenda é un dereito. Recordou que o desafuizamento de Mari Carmen foi o punto de partida das mobilizacións populares para reclamar vivenda digna e que mesmo foi a causa do adianto electoral.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil