Un ano máis a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático outorgou as Bandeiras Verdes aos concellos mellores valorados en boas prácticas ambientais, paisaxísticas e de conservación. E Ribeira foi recoñecida polo seu compromiso nesta materia,garantindo o seu traballo pola xestión responsable de residuos ou a loita contra o cambio climático. Esta mañá a alcaldesa do municipio, María Sampedro, e o concelleiro de Medio Ambiente, Víctor Reiriz, izaron a Bandeira Verde no paseo marítimo de Coroso.
RIBEIRA IZA A SÚA QUINTA BANDEIRA VERDE


