Icono del sitio CanalBarbanza.com

BOIRO XA O TEN TODO LISTO PARA CELEBRAR ESTE SÁBADO A SEXTA EDICIÓN DO SEU TÚNEL DO TERROR

O local de Leña Verde, situado no Centro Social de Boiro, acollerá este sábado 31 de outubro unha nova cita co medo e a diversión. Unha iniciativa que acada a súa sexta edición consolidada como un dos eventos co maior afluencia de público no municipio.
A proposta inclúe dous pases diferenciados por idades. A partir das 18:30h será a quenda do público familiar, pensado para nenos de entre 6 e 12 anos, mentres que a partir das 21:30h da noite abriranse os pases para os maiores de 12 anos.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil