Icono del sitio CanalBarbanza.com

OS XARDÍNS DE VALLE-INCLÁN DA POBRA CONVERTERANSE NO XARDÍN DO TERROR POLO SAMAÍN

O Samaín é unha data sinalada para os amantes do terror e os disfraces. Son moitas as persoas que están a ultimar os traxes que vestirán na tarde-noite do día 31 e os concellos da comarca teñen diferentes propostas para pasar un Samaín aterrador. A Pobra do Caramiñal desenvolverá un ano máis o seu “Xardín do Terror”, polo que a actividade centrarase nos Xardíns de Valle-Inclán.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil