Os proxectos seguen avanzando no Porto do Son. O alcalde da localidade, Luís Oujo, apuntou que para o concello hai varios eixos clave. Un deles é a creación do novo polígono industrial para poder ofrecer ás empresas do municipio e de fóra un espazo adaptado ás súas necesidades para que poidan manter e ampliar a súa actividade no municipio.
O ALCALDE DO PORTO DO SON DESTACA O AVANCE EN PROXECTOS CLAVES PARA O CONCELLO COMO O NOVO POLÍGONO INDUSTRIAL OU A FACHADA MARÍTIMA DE PORTOSÍN


