Icono del sitio CanalBarbanza.com

O CB NOIA ENCAIXA A SÚA CUARTA DERROTA CONSECUTIVA TRAS CAER ANTE O SOLGALEO BOSCO SALESIANOS

Os noieses desprazáronse a Ourense coa intención de sumarlle o primeiro triunfo do curso á súa conta particular. A pesar de asinar un partido disputado e traballado de ti a ti durante os catro cuartos, o equipo non puido superar o acerto local na tramo final do encontro.
Cun marcador adverso de 77 a 64, o CB Noia acumula catro tropezos nas catro xornadas disputadas ata o momento. Un balance que os deixa no oitavo lugar do grupo, contabilizando un total de 262 puntos a favor por 317 en contra.
Sen marxe para o descanso, o cadro noiés xa traballa na preparación do seu vindeiro compromiso ligueiro. Unha esixente proba na que medirán forzas co CB Allariz, un dos conxuntos máis en forma da categoría que ocupa actualmente a segunda praza na táboa clasificatoria.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil