O 23 de xaneiro haberá eleccións, pero neste caso só os profesionais do mar adheridos a unha confraría poderán votar. Os comicios para renovar os órganos de goberno e elixir aos novos patróns maiores dos pósitos en Galicia celebraranse o 23 de xaneiro do 2027 segundo informou a conselleira do Mar, Marta Villaverde. A constitución das comisións electorais locais realizarase a finais de novembro, conta atrás para o inicio deste proceso que pode resolverse con cambios ao fronte das confrarías.
O PATRÓN MAIOR DE AGUIÑO ABRE AS PORTAS Á PRESENTACIÓN DE NOVAS CANDIDATURAS PARA ENCABEZAR A CONFRARÍA


