Icono del sitio CanalBarbanza.com

O GOBERNO DE RIBEIRA APROBOU NO PLENO A RECUPERACIÓN DA TITULARIDADE DA PARCELA DAS SAÍÑAS

O salón de actos da Casa do Concello provisional de Ribeira acolleu onte, 26 de outubro, a sesión plenaria ordinaria da corporación. O primeiro punto en tratarse foi a reversión do terreo das Saíñas, denominado Prado, cedido de forma gratuíta á Xunta para a construción dunha residencia de maiores. Esta edificación finalmente se levantará no lugar de Cruxeiras polo que o Goberno municipal quería iniciar os trámites para que volva a ser propiedade do concello.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil