A nova Aula Mentor preséntase como unha alternativa de aprendizaxe accesible e adaptable ás necesidades da cidadanía boirense. Trátase dun proxecto formativo orientado a impulsar o desenvolvemento persoal e a cualificación laboral dos participantes que chega grazas ao ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
O CONCELLO DE BOIRO ABRE NO CENTRO SOCIAL A NOVA AULA MENTOR, UN SERVIZO DE FORMACIÓN A DISTANCIA PARA ADULTOS


