Icono del sitio CanalBarbanza.com

O CD BOIRO SEGUE NO MÁIS ALTO DE LIGA

O conxunto dirixido por José Tizón saltou ao terreo de xogo de Barraña coa intención de dominar o choque dende o primeiro minuto, creando numerosas ocasións de perigo e enviando ata dous balóns ao pau.
A insistencia local deu os seus froitos tras unha boa combinación na banda entre Cambón e Prol que rematou Landeira de cabeza para asinar o 1-0 definitivo co que se chegou ao descanso.
Xa no segundo tempo, co terreo de xogo cada vez máis pesado, o Boiro volveu rozar o segundo tanto nun disparo de Insua que volveu bater no poste do marco visitante.
Na recta final, o cadro boirense soubo controlar o ritmo do partido e tirar de oficio na defensa para neutralizar os centros á desesperada do Gran Peña e amarrar os tres puntos e o liderado ante o seu público.
Asinan así 19 puntos e terceira vitoria consecutiva os boirenses, que pensan xa na súa vindeira visita ao campo do Somozas.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil