A Consellería do Mar fará público na vindeira semana o calendario oficial que rexerá o proceso electoral nas 63 confrarías de Galicia, prevendo a celebración das votacións para o vindeiro 22 de xaneiro.
Con esta noticia, os movementos internos das administracións xa se fan notar, entre elas, a de Ribeira, na que José Antonio Pérez, actual patrón maior do municipio, asegura que se volverá presentar como candidato.
JOSÉ ANTONIO PÉREZ OPTARÁ Á REELECCIÓN COMO PATRÓN MAIOR DE RIBEIRA E PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA


