Icono del sitio CanalBarbanza.com

VARIOS CONCELLOS DO BARBANZA RECIBEN A BANDEIRA VERDE DE GALICIA POLO SEU COMPROMISO AMBIENTAL NUNHA EDICIÓN RÉCORD

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, presidiu en Vedra a entrega dos distintivos Bandeira Verde de Galicia 2026. Unha convocatoria récord que premiou a 39 municipios polo seu traballo na protección do patrimonio natural, a xestión de residuos e o impulso de boas prácticas fronte ao cambio climático.
A Xunta subliñou que estas bandeiras verdes son un exemplo da política de proximidade para garantir a calidade ambiental e protexer os espazos naturais do noso territorio.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil