Icono del sitio CanalBarbanza.com

MÁIS DE 1.000 PEREGRINOS INFORMÁRONSE DO CAMIÑO A ORIXE NA PRAZA DO OBRADOIRO GRAZAS Á CAMPAÑA DA MANCOMUNIDADE BARBANZA AROUSA

Dende o pasado martes e ata o día de hoxe, a entidade comarcal despregou un punto de información no propio corazón do turismo xacobeo: a praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. O obxectivo principal era dar a coñecer directamente aos camiñantes que remataban a súa viaxe os 138 quilómetros desta ruta, que percorre a orixe da tradición xacobea e a riqueza paisaxística, mariñeira e cultural de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil