Aínda que hoxe en día conviven con novas celebracións, os sabores de toda a vida seguen a triunfar entre a veciñanza do Barbanza. Establecementos históricos como a Pastelería Fina manteñen viva unha receita tradicional con sete décadas de historia ás súas costas, moi ligada á memoria e aos recordos da infancia.
AS PASTELARÍAS DA COMARCA ELABORAN OS TRADICIONAIS BUÑUELOS E OSOS DE SANTO PARA O SAMAÍN E DEFUNTOS


