O pavillón Agustín Mourís de Noia vestiuse de gala cun pleno nas bancadas para acoller un cartel con dez combates de alto nivel. A cita estrela da noite coroou ao representante do SKT/Arkham, Angello Vázquez, quen se levou o título galego neoprofesional tras vencer aos puntos a Ismael Riveiro nun disputado enfrontamento.
No cadro profesional, a victoria aos puntos de Arturo Macdowell sobre Ramiro Blanco xerou certa división de opinións entre o público. A velada completouse con triunfos neoprofesionais para Sergio Añón e Carlos Iglesias, mentres que no ámbito afeccionado destacaron os noqueos de Miguel Castiñeira e Juan Núñez no segundo asalto.
Dende a promotora SKT Promotion valoraron moi positivamente o éxito organizativo e o gran respaldo do público e do Concello de Noia.

