15.6 C
Chicago
23 octubre, 2026
Image default

O ROTOGAL BOIRO ENFRENTASE ESTE FIN DE SEMANA AO LÍDER INDESCAR ZARAGOZA NA SÚA CASA

Tras caer na última xornada ante o conxunto das Palmas, os boirenses afrontan a cuarta cita do calendario coa máxima motivación. O equipo adestrado por Chicho Alves atópase actualmente na oitava posición da táboa, cun balance dunha vitoria, unha derrota e un partido que tivo que ser suspendido por condicións meteorolóxicas adversas.
A visita do Indescar Zaragoza, actual líder da clasificación, preséntase como un reto de alto nivel pero tamén como un estímulo para a plantilla barbanzá. Nunha competición cada vez máis esixente, onde os rivais contan con cadros reforzados e maiores orzamentos, o club mantén a filosofía de ir partido a partido.
Dende o vestiario boirense amósanse con confianza plena no traballo do equipo e afrontan a cita deste sábado, 24 de outubro, cos ánimos intactos para intentar sumar tres puntos que os fagan escalar posicións na táboa.

Related posts

ANGELLO VÁZQUEZ PROCLÁMASE CAMPIÓN GALEGO NEOPROFESIONAL DE BOXEO TRAS VENCER A ISMAEL RIVEIRO NA VELADA SKT FIGHTERS

CloudyX

O PUEBLA E O NOIA BUSCAN A VITORIA NA CASA E O DUMBRÍA A DOMICILIO NUNHA XORNADA DECISIVA EN PREFERENTE FUTGAL

CloudyX

DURA XORNADA NA TERCEIRA FEDERACIÓN FEMENINA PARA A EFM CONCELLO DE BOIRO

CloudyX