15.6 C
Chicago
23 octubre, 2026
Image default

O PUEBLA E O NOIA BUSCAN A VITORIA NA CASA E O DUMBRÍA A DOMICILIO NUNHA XORNADA DECISIVA EN PREFERENTE FUTGAL

O Puebla FC, décimo segundo clasificado con nove puntos, recibe este sábado na Alta ao UD Paiosaco Hierros, conxunto que se atopa xusto un posto por debaixo dos pobrenses. Tras caer na última xornada ante o Negreira, os barbanzáns buscan reencontrarse co triunfo ante a súa afección e sumar tres puntos clave para coller aire na táboa.
Pola súa parte, o CF Noia tamén xogará na casa nun esixente compromiso ante o San Tirso SD, un dos rivais máis fortes da categoría. Os noieses, décimos con dez puntos no seu casilleiro, afrontan o choque coa necesidade de dar a súa mellor versión para superar a derrota da pasada semana e volver escalar posicións na clasificación. No seu caso, enfrontaranse o domingo, 25 de outubro.
Peor situación atravesa o CF Dumbría, que se atopa na zona vermella da táboa con tan só cinco puntos tras sumar unha única vitoria en sete xornadas. Os dumbrieses desprazaranse esta fin de semana ata Betanzos para medirse ao sexto clasificado, nun difícil desprazamento no que intentarán cortar a súa mala racha e sumar un resultado positivo.

Related posts

ANGELLO VÁZQUEZ PROCLÁMASE CAMPIÓN GALEGO NEOPROFESIONAL DE BOXEO TRAS VENCER A ISMAEL RIVEIRO NA VELADA SKT FIGHTERS

CloudyX

O ROTOGAL BOIRO ENFRENTASE ESTE FIN DE SEMANA AO LÍDER INDESCAR ZARAGOZA NA SÚA CASA

CloudyX

DURA XORNADA NA TERCEIRA FEDERACIÓN FEMENINA PARA A EFM CONCELLO DE BOIRO

CloudyX