O rexedor boirense xunto co concelleiro de Urbanismo e Obras visitaron o lugar para comprobar o resultado final dos traballos. A intervención incluíu a retirada dos antigos elementos do parque para renovar a superficie con céspede artificial, ademais de dotar a zona de novo mobiliario urbano e un peche perimetral que garante unha maior seguridade.
O CONCELLO DE BOIRO VÉN DE REMATAR AS OBRAS DE MELLORA NA CONTORNA DO CENTRO SOCIAL DO ESTEIRO


