14.2 C
Chicago
22 octubre, 2026
Image default

A ASOCIACIÓN AMBAR ABRE A PREVENDA DA DÉCIMO SEGUNDA EDICIÓN DO SEU CALENDARIO SOLIDARIO

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional pon en marcha a reserva anticipada dunha nova edición do seu xa tradicional Calendario Solidario. Baixo a mirada do fotógrafo Pichero, esta décimo segunda entrega xira arredor do cinema español, combinando creatividade e inclusión coa participación activa dos usuarios da entidade.
A recadación obtida coa venda dos calendarios destinarase íntegramente a impulsar o proxecto de Vivendas Inclusivas no edificio de Praia Xardín, un espazo cedido polo Concello de Boiro para seguir promovendo a autonomía e o dereito a unha vida independente.
Para animar á veñanza a colaborar e sumar reservas neste proxecto, as propias persoas usuarias da asociación protagonizan unha peza audiovisual promocional.

Related posts

CÁRITAS DE RIBEIRA ATENDE A MÁIS DUN CENTO DE FAMILIAS NO MUNICIPIO

CloudyX

AUTOS DUNAS CONTA CUNHA AMPLA EXPOSICIÓN DE VEHÍCULOS NOVOS E SEMINOVOS PREPARADOS PARA ENTREGA INMEDIATA

CloudyX

A CONFRARÍA DE RIBEIRA ABRIRÁ AS SÚAS CONCESIÓNS MARISQUEIRAS O VINDEIRO 2 DE NOVEMBRO TRAS PERMANECER PECHADAS DENDE O ANO PASADO

CloudyX