O C.B. Noia perseguía con gañas a primeira alegría do curso nesta terceira xornada de liga disputada o pasado domingo 18 de outubro. A pesar do esforzo dos noieses e de manter un bo equilibrio no marcador con fases de moita igualdade ao longo do encontro, os visitantes acabaron impoñéndose por dez puntos de diferenza cun 70 a 80 final.
Con este resultado, o conxunto barbanzán non consegue arrancar con bo pé a competición e acumula tres derrotas nas tres xornadas disputadas. A diferenza de puntos en contra sitúa aos noieses na oitava e última posición da táboa clasificatoria.
O C.B. Noia xa ten a mirada posta na vindeira xornada, na que buscará estrear o seu contador de vitorias na visita á cancha do Solgaleo Bosco Salesianos.
DERROTA DO NOIA ANTE O SALESIANOS VIGO


