Icono del sitio CanalBarbanza.com

O CONCELLO DE BOIRO INVISTE MÁIS DE 155.000 EUROS NA MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DO CENTRO SOCIAL DE CURES

O rexedor boirense e o concelleiro de Urbanismo visitaron as obras do Centro Social de Cures para comprobar o avance dos traballos. Esta actuación conta cun orzamento de 155.765 euros e está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.
As obras inclúen a retirada da antiga cuberta de fibrocemento, o illamento sobre forxado e a impermeabilización das fachadas, ademais do cambio de carpinterías exteriores para mellorar a envolvente do edificio.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil