O Viveiro de Empresas de Boiro acolleu un encontro de speed networking organizado dende o Polo de Vilanova de Arousa co obxectivo de conectar a mulleres empresarias da comarca e fomentar a colaboración en sectores clave como o comercio, o turismo e o mar.
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, destacou a enorme forza do talento feminino no tecido produtivo galego e a importancia de crear redes de traballo no propio territorio.
MÁIS DO 60% DOS PROXECTOS ATENDIDOS POLA REDE DE POLOS DE EMPRENDEMENTO DA XUNTA ESTÁN LIDERADOS POR MULLERES.


