O CIFP Coroso (Ribeira) presentará o seu proxecto Climatización xeotérmica por focos combinados no.II congreso ‘FP Innova Galicia’ que arrinca mañá coa exhibición de 40 proxectos innovadores, nos que participaron 23 centros educativos e 30 empresas.
A feira reunirá, ao longo de tres días e nun único recinto –o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura– a un total de 250 alumnos, que darán a coñecer, a través de actividades demostrativas, os 32 proxectos que desenvolveron na aula, así como as 8 miniempresas creadas ao abeiro do programa Eduemprende.
Así mesmo, tamén se prevé a visita doutros 7.000 alumnos e alumnas de centros de toda Galicia, principalmente de ESO e de FP Básica, que poderán comprobar as potencialidades que hoxe presenta esta ensinanza a nivel de innovación, competitividade e empregabilidade.
O evento, que inaugurará mañá o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, estenderase ata o venres. Ademais, tamén se prevé a presenza da directora xeral de Formación Profesional do Ministerio, así como de varios responsables institucionais de comunidades autónomas que tratarán a relevancia dos CIFP en España.
A continuación detállanse os 23 centros participantes no congreso, así como os 32 traballos de innovación e as 8 miniempresas que se expoñerán a partir de mañá.