Convocatoria de proceso selectivo para 38 socorristas, unha brigada contra o lume e catro condutores de motobomba en RIVEIRA

Tal e como sae publicado no Boletín Oficial da Provincia de hoxe, o Concello de Riveira pon en marcha tres procesos selectivos para a contratación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, catro condutores de vehículos motobomba e, en terceiro lugar, a formación dunha listaxe para a prestación do servizo de salvamento e socorrismo acuático con previsión de 3 xefes de praia e 35 socorristas.

A brigada contra o lume estará formada por un xefe de brigada, tres peóns e un peón condutor, en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Riveira. A duración dos contratos será de tres meses.

Tamén serán de tres meses os contratos dos catro motobombistas, orientados á prestación do servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de dous vehículos motobomba.

En canto aos socorristas, a duración dos contratos será de dous meses e dez días, prevíndose o inicio o 1 de xullo se ben en función das condicións meteorolóxicas poderíase adiantar ou retrasar (por igual motivo, poderase ampliar naqueles areais que se consideren máis necesarios).

No caso da brigada e dos motobombistas, o proceso selectivo é por concurso-oposición, mentres que nos socorristas por oposición libre.

Solicitudes
Os interesados en poder presentar as súas solicitudes xunto co resto da documentación é de 10 días hábiles no caso da brigada e os condutores de motobomba e de 20 días naturais no caso dos xefes de praia e socorristas acuáticos.

Bases de contratación en www.riveira.gal (taboleiro de anuncios)

https://www.youtube.com/watch?v=VahMeXhR0iY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.