Galicia traza unha folla de ruta para minimizar o impacto do Brexit sobre os nosos intereses pesqueiros

Galicia traballará a través de diferentes vías para minimizar o impacto do Brexit sobre os seus intereses pesqueiros. Así o explicou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, hoxe no pleno do Parlamento nunha comparecencia sobre este acontecemento, “inédito en Europa e do que, de momento, non son claras as súas posibles consecuencias en xeral e para o sector pesqueiro galego”.
Neste sentido, a titular de Mar fixo fincapé en que Galicia debe estar preparada para facer unha oportunidade deste proceso de retirada de Reino Unido da Unión Europea. Por iso está a realizar unha folla de ruta “que este ano estará centrada no factor económico”. Un aspecto, expuxo, para o que se está a elaborar un informe coordinado pola profesora de Economía Aplicada e experta en Economía Pesqueira da Universidade de Santiago, María do Carme García Negro. Este documento analizará nun primeiro avance cuestións sobre o posible impacto por cese da pesquería e de acceso ás augas, principalmente dos buques que faenan en augas británicas e malvinas. Ademais, nunha posterior avaliación en función da evolución das negociacións, analizará a afectación derivada da participación do Reino Unido nas cotas pesqueiras de NEAFC e do acceso comercial aos mercados europeos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.