Icono del sitio CanalBarbanza.com

XORNADA AGRIDOCE PARA OS CONXUNTOS DA ZONA NA PREFERENTE

Derrota moi dolorosa para o C.F. Noia na súa visita ao U.D. Paiosaco. Nun encontro moi igualado e sen goles na primeira metade, os noieses puxéronse por diante no minuto 80 grazas a un tanto de Marcos Piñeiro. Con todo, cando a vitoria semellaba encamiñada, o Paiosaco logrou dous goles nos últimos instantes para darlle a volta ao marcador e deixar ao Noia décimo na táboa con 10 puntos, acusando a esixencia de adaptarse á categoría tras o seu descenso de Terceira.
Pola súa banda, o Puebla F.C. caeu por 3 a 2 no campo do líder, o S.D. Negreira. A pesar de encaixar dous goles nos primeiros 25 minutos, os pobrenses responderon con firmeza igualando o choque en apenas vinte minutos. Porén, os locais volveron marcar antes do descanso e o 3-2 mantívose na segunda parte. Desde a directiva pobrense destacan a competitividade do equipo fronte aos rivais máis fortes.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil